|
É incrible como pode cambiar unha cidade dependendo do punto de vista dende que a mires...Este sábado por fin acabei o Camiño de Santiago, final dunha serie de esperiencias marabillosas, que lle recomendo a calquera que lle guste camiñar, reflexionar, ou simplemente descargar tensións escoitando boa música; pero eso quizais non serve para todo o mundo... Como ía dicindo,acabei o camiño de Santiago, e ó chegar á Catedral, existen dous grupos ben diferenciados, os peregrinos, e os visitantes de findesemana. Os peregrinos distínguense basicamente por estar, sucios e cansados; nembargantes, os visitantes de findesemana, van limpos , aseados e cunha cámara de fotos, cual reporteiro gráfico dunha revista de moda fotografiando ata o musgo que lle sae a Catedral, como se fose o máis raro do mundo...pois ben, despois de distinguir estes dous grupos pasei a analizar outros dous grupos: fillos de ambolos dous grupos: os dos peregrinos confórmase cunha pedra donde sentarse, unha botella de auga(a poder ser fría) e a compaixón de seus pais para que non nos fagan seguir camiñando. O grupo dos fillos dos fillos dos visitantes distinguese porque, unha de duas: por levar unha gaita que irán “TOCANDO” (que ruido desagradable que produce!) e por levar detrás ós seus respectivos pais cagandose no seu propio instinto por comprar esa maldita gaita galega... por levar unha cámara de fotos tamaño diminuto, na que através do visor se ven os monumentos de Santiago de Compostela. Resulta verdadeiramente curioso observar como os turistas son o reflexo da ignorancia da sociedade: se o que vai diante se rasca a espalada contra unha columna porque lle pica, os demáis por si acaso, tamén o fan( non vaia a ser que de boa sorte e eles non o saiban...)Cada quen, que saque a sua propia conclusión desta semellanza...
Autor: Hatchet Alegrome q te iniciaras nesto, pero podias avisar non? :(
Fecha: 22/11/2004 19:39.
Autor: gabi O famoso Santo dos Croques de Santiago é outra demostracion da idiotez do turista...fai un tempo extendeuse unha crenza que di que da boa sorte meterlle os dedos a escultura mentras daslle un croque coa cabeza, e isto non é mais que unha tonteria de, seguramente, outro turista...monos de repeticion. Esta constumbre esta a gastar a figura...
Fecha: 22/11/2004 19:51.
Autor: Hatchet A conha e que hai que darlle o croque do outro lado (onde esta o Mestre Mateo, para que trasmita sabidura), pero a xente desde que viu a alguen facelo onde se mete a man, seguen esa costume coma borregos...
Fecha: 23/11/2004 19:54.
|