TRASNINHA

ENTRA SIN LLAMAR...SIN PREGUNTAR...SIN SOBREACTUAR...
EL BAÚL DE LOS RECUERDOS PERDIDOS...

 

---

Temas



Mar adentro...

horizonte-1024x768[1].jpgEu "quería" por un momento ser unha hipócrita superficial e sinxela persona que non vai máis alá de pensar que non hai ninguén que lle poida ensinar nada, porque xa o teñen todo aprendido...solo "quería" para saber que se sinte, e o sinxela que se ve a vida con eses ollos...pero non,non podo...teño que ser unha pobre desgraciada que se preocupa de todo por preocuparse de algo, que afoga nun vaso de auga(anque só esté medio valeiro), que é complexa ata máis non poder (anque supoño que aínda @s hai máis complicados)e que pensa que ten todo por aprender(e que quere pensar que está a tempo de aprendelo porque aínda é unha enana inmadura,como algunha vez me ten dito a santa de miña nai que ás veces ten toda a razón do mundo!!!)...Sen embargo por raro que pareza, despois de experimentar esa sinxeleza, gustaríame volver á miña complexidade, porque seguro que me aburriría de ter tantos amigos de "verdade" e seguramente de levar tantos paos para o lombo...
Agora mesmo, o mellor sería(facendo unha parada en Lestedo para recoller a unha das mellores amigas que atopei, e que cada día o é máis)navegar Mar adentro 8 días en soídade compartida ata que o avión con saída en Bristol e destino Lavacolla, voase sobre as nosas cabezas...para enton trinta días e trinta noites de paroles cruzadas(espero que a catro bandas),e de festa continua!!!!Cada día estou máis segura de que o número perfecto é o tres, elas forman o cuadro, outr@s(pouc@s contad@s cos dedos dunha man)poñen o marco, e o demáis solo é a parede elixida para colgar o cadro(sen desprezala porque non quedaría ben un cadro amarelo nunha parede vermella)...non creo que a estas alturas, o cuadro me vaia a sorprender porque fíxenlle a crítica con detemento parándome nos detalles, tentando que non se me escapase ningún...
Por algo o meu número da sorte é o 3...
03/12/2004 10:54 Enlace permanente.

Comentarios » Ir a formulario

gravatar.com
Autor: Mosaa

non deberia ler estes comentarios en dias sensibles, dame vergonha que as bagoas me caian diante dunha pantalla no medio de 50 persoas mais... Odiote moito.

Fecha: 06/12/2004 14:08.


Añadir un comentario




No será mostrado.






Enlaces

Archivos


Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras; Emprendedor ven a Iniciador Aragón.