Soños...

Encántame soñar...
Soñar comendo, soñar vendo a tele, soñar traballando, soñar estudando, soñar viaxando, soñar paseando, SOÑAR ESPERTA...SOÑAR... soñar é como se por uns intres puideses escapar das túas circunstancias e as amañases como ti queres..cando ti queres...na medida que ti queres...onde ti queres...
eu teño unha porta secreta ós soños...só eu a podo ver...pero de vez en cando..cando ninguén me ve, saio por ela...é o meu paraíso...
Outra cousa ben diferente é soñar durmindo.eses soños non teñen por qué ter nada que ver co que realmente queremos..non son unha revelación nin nada semellante, non??
De que están feitos os verdadeiros soños? eu sintoos como películas que a nosa mente crea para o nos...pero....cómo os crea a nosa mente? é que realmente os soños son pensamentos que o subconsciente ten ben gardados para revelarnos os nosos medos, temores, desexos....aproveitando que estamos en estado de inconsciencia¿?¿?
eu por si acaso durmirei ben atenta...anque non me guste o que o meu subconsciente me ten gardado...
E cando non durma...SEGUIREI SOÑANDO ESPERTA...OS SOÑOS SON MEUS...NINGUÉN MOS PODE ROUBAR....SON SÓ MEUS...SÓ OS COMPARTIREI CANDO O CREA NECESARIO, CON QUEN O CREA CONVINTE...
POBRE MORFEO....NUNCA SABERÁ O QUE SE PERDE...NON É¿?
SE LES QUIERE
1 comentario
Disque -