todo sería diferente..¿?
Ás veces penso que pasaría se nun determinado momento tivese tomado unha decisión diferente á que tomei...todo sería ben diferente, non??? e non so con respecto á decisión concreta, senón en todo o que acontece despois...
un exemplo: eu quería estudiar turismo na coruña. fun parar á cidade das Burgas...se fose para a Coruña non tería descuberto moitas cousas que descubrín, non tería coñecido a moita xente que coñecín, nin sequera tería a preparación que teño...e por moi pouco non acabei alá...
ás veces tomámos ás decisións máis á lixeira do que as deberíamos tomar...e outras, pensámolas máis do que as deberíamos pensar...
pero....como sei cando as debo pensar moito, e cando me teño que deixar levar¿?¿?
se non lle dera tanto á cabeza probablemente xa este verán tivese estado polo mundo aprendendo a falar...
Valeu a pena quedar.
bikos e arrumacos
1 comentario
mosaa -
cada un fai a vida que quere para si mesmo e quen non o fai, desafortunado el.