Blogia
TRASNINHA

desde Ou con amor....:P

Xa estou en Ourense, xa é definitivo...deime conta porque a miña habitación xa ten (ademáis dunha cama escandalosisisisisisisima que flipas por colorinchos) case tódalas miñas cousas, incluída a botellinha de licor de amorodo...jujujujuju... digamos que está algo decorada xa, o que pasa é que me veñen a pintar en dúas semanas polo cual non me matei demasiado...

Como ía dicindo xa estou aquí, dame a sensación de non ter marchado, todo segue igual...boto de menos o val do Ulla...e a miña marabilllossisisisisisisisisima Vedra...polo de agora só penso en que chegue o xoves para volver a saír...porque anque algúns non me crean, o lk fixo que se me puxera ven o estómago (o fígado igual non tanto, pero o estómago si...:P) e porque para que a meu corpo se adapte a ourense ten que haber festa...así que amen!!

levo dúas tardes vindo ás presentacións e as dúas tardes as pasei na sala de ordenadores porque os incribles profesores de Turismo non se dignan en aparecer pola clase, así que é máis que probable que non volva en toda a semana, xa virei cando teña profesores...e eso pode ser aproximadamente en outubro...así que ata entón estarei disfrutando do meu pisiño e da súa centridade, que xa me está sendo beneficiosa, sobretodo a partires das seis e media da mañá cando as pernas xa non poden conmigo....

Para rematar, gracias a Aida, a Cocos e a Rebe pola visitiña que anque non fora para celebrar o meu aniversario, estivo bastante ben.paseino moi ben a pesares de que non todo saíu como eu quixera...tiñamos que ter estado todos con todos...pero bueno xa se sabe que as noites sempre acaban como o rosario da aurora...

nada máis que hoxe levanteime vaga...

se les quiere

bikooos a carretas dende o este

0 comentarios