TRASNINHA

ENTRA SIN LLAMAR...SIN PREGUNTAR...SIN SOBREACTUAR...
EL BAÚL DE LOS RECUERDOS PERDIDOS...

 

---

Temas



Se muestran los artículos pertenecientes a Agosto de 2006.

10/08/2006

O SINO...

Eu non creo no destino..pero é verdade que sempre acabo recurrindo a el cando non atopo unha explicación racional ás cousas que acontecen...é unha vía de escape sinxela e pouco valiente...pero moi cómoda...pensar que todo está escrito de antemán e que non podes facer nada para cambialo...non estou de acordo con que sexa así pero sorprendentemente cando ves que vas caer amárraste a él con forza e desexas non soltalo ata que apareza algo máis ó que agarrarse..

de tódolos xeitos, non creo que sexa bo utilizar este método cobarde pola mínima...

Ó fin e ó cabo, o noso destino escribímolo nós...anque ás veces tentemos pensar que solo nos paseamos por el...

 

Se les quiere.

 

10/08/2006 13:42 Autor: trasninha. Enlace permanente. Hay 2 comentarios.

19/08/2006

todo sería diferente..¿?

Ás veces penso que pasaría se nun determinado momento tivese tomado unha decisión diferente á que tomei...todo sería ben diferente, non??? e non so con respecto á decisión concreta, senón en todo o que acontece despois...

un exemplo: eu quería estudiar turismo na coruña. fun parar á cidade das Burgas...se fose para a Coruña non tería descuberto moitas cousas que descubrín, non tería coñecido a moita xente que coñecín, nin sequera tería a preparación que teño...e por moi pouco non acabei alá...

ás veces tomámos ás decisións máis á lixeira do que as deberíamos tomar...e outras, pensámolas máis do que as deberíamos pensar...

pero....como sei cando as debo pensar moito, e cando me teño que deixar levar¿?¿?

se non lle dera tanto á cabeza probablemente xa este verán tivese estado polo mundo aprendendo a falar...

Valeu a pena quedar.

bikos e arrumacos

19/08/2006 07:57 Autor: trasninha. Enlace permanente. Hay 1 comentario.

para ou

hoxe teño ganas de dicirlle ás linterniñas e a unha nena de sober...que teño ganas de velas, e que as quero moito.

non plus...

 

19/08/2006 08:08 Autor: trasninha. Enlace permanente. Hay 4 comentarios.

30/08/2006

unha de estreno

Volvimos ao inferno.

Xa tiñamos ganas. Facía dous meses que non o pisabamos, de feito non o chegamos a pisar. Había local novo. Máis espazo, máis barra, Carreira máis alto, máis céntrico (eso non lle importa a ninguén), mellores baños (segue sen haber papel, todo sexa dito de paso), espello, secador de mans, dúas pantallas( ás que a xente e (coa xente falo de min)non lle fixemos caso) ...vamos un lujo! peeeeeero non era o noso inferno...supoño que será a falta de costume pero non era igual estar alí anque a xente fose a mesmiña (estamos os de sempre, os incondicionais) , todos nos seus papeis (non creo que sexa necesario recordar cal é o papel de cada un, pero o de Aida é tocarlle as pelotas ó Mariachi..jejejej )

Non era o inferno cos baños do Enredos, sen espellos, co pasadizo segredo-oscuro, co zulo de Carreira, cos baños pintarraxeados polo inferno kuntiense e demais artistas, co cruceiro ao fondo da rúa, coas gradas (ás que algún lle chama o acantilado dos borrachos...), e unhas paredes con miiiiiilll historias que contar de elfos, señores dos anillos, cans, primos, speedos, cunhados, abuelos, ghuapos pontevedreses,aloias, artistas, chulos, xinetes (cara equina jajajaja)  xente da pampa de Uruguay, mariachis...de caídas, aterrizaxes forzosas,de aghuas potables preparadas, de cabalos detrás de bocadillos, bocadillos detrás de cabalos (o protagonista e o mismo) barrabasadas, caldeiradas, soy lo máximo, poilitos de instituto, monas en xeral, monas en particular, monas en esquema, monas na nasa, monas con castell, de lks, lks en tubo, lks en botella, lks de pol, lks de cumple, bl....

En fin...que se vai botar de menos pero sobreviviremos.

polo de pronto, xa empezamos a escribir historias nestas novas paredes.

falando de historia...ouuuu ansiada historia...:S

bicos

30/08/2006 15:42 Autor: trasninha. Enlace permanente. Hay 3 comentarios.


Enlaces

Archivos


Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras, y Evento Blog España. Vota en los Premios Bitacoras.com [Blog Oficial en LaInformacion.com]